Axuste
Introduza os enderezos de destinatario e de rementente para o sobre. Tamén pode inserir campos de enderezo desde unha base de datos, como por exemplo a base de datos de enderezos.
Destinatario
Introduza o enderezo de destinatario. Tamén pode premer no cadro e seleccionar unha base de datos, unha táboa e un campo, e logo premer no botón de frecha para inserir o campo no enderezo. Se quere, pode aplicar formato, como negra e subliñado, ao texto do enderezo.
Remitente
Inclúe un enderezo de remitente no sobre. Seleccione a opción Remitente e, a seguir, escriba o enderezo de remitente. $ [officename] insire automaticamente os seus datos de usuario en Remitente, pero tamén pode introducir os datos que quixer.
Base de datos
Seleccione a base de datos que conteña os datos de enderezos que desexe inserir.
Táboa
Seleccione a táboa de base de datos que conteña os datos de enderezos que desexe inserir.
Campo da base de datos
Seleccione o campo de base de datos que conteña os datos de enderezo que desexe inserir e, a seguir, prema no botón de frecha cara á esquerda. Os datos engádense á caixa do enderezo que contén o cursor.